Desde a Asociación destacamos o noso compromiso co desenvolvemento social e o emprego, formando a mozos e facilitando a súa inserción laboral. Agradecemos a colaboración de ONG Rescate para fomentar a integración das persoas refuxiadas e desprazadas na nosa comunidade.
Por outra banda, en Rescate Internacional subliñan a importancia de cooperar co tecido empresarial compostelán para promover a autonomía, dignidade e participación activa das persoas beneficiarias dos nosos programas.
Con este convenio, impulsaremos proxectos conxuntos de sensibilización e captación de fondos mediante eventos, iniciativas solidarias, estudos e campañas de concienciación dirixidas tanto á cidadanía como ás empresas.
En materia de formación e integración, desenvolveremos accións de asesoramento sobre a realidade das persoas refuxiadas e desprazadas e os retos da súa inserción laboral. Tamén deseñaremos programas de orientación laboral, intermediación, capacitación profesional e prácticas non laborais, garantindo o acompañamento e apoio necesarios para a súa adaptación e desenvolvemento no entorno de traballo.
Así mesmo, formaremos ás empresas asociadas en migracións forzosas, inclusión sociolaboral, diversidade cultural e dereitos humanos, mediante talleres e sesións informativas sobre Responsabilidade Social Corporativa, a Lei 12/2009 de dereito de asilo e os compromisos internacionais de España en materia de protección internacional.
Esta formación busca sensibilizar ao tecido empresarial sobre os beneficios de incorporar persoas refuxiadas ou desprazadas, tanto desde o punto de vista social como organizativo.