A Concelleira de Promoción Económica, María Rozas; o Presidente e o Secretario da Asociación, José Alborés e Ramón Lois, presentaron o convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación para a promoción do Biopolo A Sionlla
Esta mañá no edificio do CSIEB, presentáronse as liñas principais do acordo de colaboración que pretende dar un impulso á consolidación do Biopolo a Sionlla. Realizaranse accións de captación de proxectos, xestión de servizos, promoción e outras encamiñadas a reter e atraer o talento investigador e transformalo en empresas.
