O Biopolo de Sionlla acolle a reunión do Comité Executivo de FEGAPE

Sábado, 18 de Abril de 2026

O Comité Excecutivo de FEGAPE visitou onte as instalacións do CSIEB (Biopolo A Sionlla)



Os representantes dos polígonos de Carballo, Pocomaco, San Cibrao das Viñas, Ferrolterra, Mos, Vilalba, O Ceao e o Tambre que compoñen o comité Excecutivo de FEGAPE (Federación Galega de Parques Empresariais) celebraron onte nas instalacións do CSIEB unha xuntanza.

Antes da mesma, Ramón Lois, Secretario da Asociación amosoulles as instalacións do CSIEB mantendo unha animada conversa sobre a orixe do proxecto, a súa posta en marcha, as empresas que xa están desenvolvendo a súa actividade no mesmo e os eventos que están a celebrarse.

Desde FEGAPE valorou se a iniciativa como moi positiva e innovadora. Así mesmo sinalou se a importancia de profundar na colaboración pública-privada  para desenvolver proxectos de calado e transformadores da economía galega.

fegape

fegape