Preto de cuarenta integrantes de Alumni USC coñeceron de primeira man as instalacións do CSIEB - BIOPOLO SIONLLA
Un grupo de case cuarenta integrantes da asociación de ex-alumnos da USC (ALUMNI) visitaron as instalacións do CSIEB en A Sionlla.
Durante a mesma estiveron acompañados de Ramón Lois, Secretario da Asociación, quen lles explicou a orixe do proxecto, destacando que xurdiu da necesidade de promover o sector industrial na cidade nun sector, a biotecnoloxía, na que Santiago ten unha fortaleza recoñecida a través do coñecemento que se xenera na Universidade e se consolida nos centros de investigación (CIMUS, CIQUS, CIBUS, IDIS, etc.). O ex-rector, Juan Viaño, que tamén participou na visita, destacou a importancia de reforzar os sistemas de transferencia de coñecemento e tecnoloxía entre universidade e empresa para garantir a retención de talento e a creación de emprego de calidade no país. Xosé Ortigueira, moi vinculado ao proxecto do Biopolo desde a súa idea orixinal, destacou a importancia da colaboración público-privada para desenvolver proxectos coma este.

