Renovación do Convenio de Colaboración: Concello - Asociación

Xoves, 28 de Agosto de 2025

Mellorar a visibilidade do Biopolo, as infraestruturas e servizos da área empresarial están entre os obxectivos do acordo

          



O Concello de Santiago e a Asociación Área Empresarial do Tambre renovan o convenio de colaboración. 

Acadar a consolidación do Biopolo está entre os obxectivos preferentes, así como seguir a mellorar os servizos, particularmente a vixilancia na área empresarial.

A Xunta de goberno do pasado día 26 aprobou a sinatura do mesmo e en breve se procederá a sinatura por parte da Concelleira de Promoción Económica, María Rozas, e o Presidente da Asociación, José Alborés.