Solicitude de 116.000 máscaras e Liña de Financiamento (Banco Sabadell)

Martes, 21 de Abril de 2020

A Área Empresarial do Tambre solicita 116.000 máscaras para oitenta empresas que se acolleron á operación posta en marcha pola Xunta de Galicia

Por outro lado acórdase co Banco Sabadell unha liña de financiamento dotada con un millón e medio de euros para os asociados.

 



A Área Empresarial do Tambre acolleuse á oferta de adquisición de máscaras cirúrxicas que realizou a Xunta de Galicia a través do Centro de Coordinación Operativa (CECOP), polo prezo unitario de 36 céntimos de euro.

Por outra parte, a Área Empresarial do Tambre, que preside José F. Alborés, xa chegou a un acordo co Banco Sabadell para ofrecer liquidez aos seus asociados en boas condicións.

Achegamos NOTA DE PRENSA