CURSO PEMP

Martes, 10 de Setembro de 2019

Mañá celebrarase na Asociación do Tambre un curso sobre o manexo seguro de plataformas móbiles



A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) acolle mañá mércores 11 e o xoves 12 de setembro un curso gratuíto de manexo seguro de Plataformas Elevadoras Móbiles de Persoal (PEMP), organizado no marco do Plan de Formación de Prevención de Riscos Laborais (PRL) 2019 en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e a Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC) e o financiamento da Xunta de Galicia. Celebrarase no Centro Empresarial do Tambre, mañá en horario de 09:00 a 13:00 horas e o xoves de 9:00 a 15:00 horas.