Seis mulleres comparten as súas experiencias laborais e profesionais
Mulleres empresarias, directivas, responsables públicas con un denominador común: un desenvolvemento profesional que as levou a ocupar postos de responsabilidade nos seus respectivos ámbitos.
Todas elas compartiron as súas experiencias nunha mesa-coloquio organizada dende a Asociación Área Empresarial do Tambre na que quedou de manifesto a necesidade de seguir traballando pola igualdade e a corresponsabilidade para a conciliación da vida laboral e familiar.