Acordo de Colaboración coa AECC

Luns, 18 de Marzo de 2019

A Asociación Española Contra el Cáncer e a Asociación do Tambre asinan un acordo de colaboración.



Manuel Aguilar, Presidente da Xunta Provincial de A Coruña da AECC e Jesús Chenel, Presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, asinaron un acordo de colaboración para promocionar os hábitos de prevención contra o cancro. 

Para acadar este obxectivo vanse programar charlas formativas, campañas de prevención, conferencias, exposicións, etc.