Formación complementaria para os/as participantes no TAMBRE TRABALLA III

Venres, 06 de Abril de 2018

Os/As participantes no Programa Integrado de Emprego "TAMBRE TRABALLA III" subvencionado pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral van poder acceder a formación que os habilite para o manexo de carretas elevadoras.



Nas vindeiras semanas vanse desenvolver varias accións formativas que dotarán aos/ás participantes neste programa de coñecementos e habilidades para poder optar ás ofertas laborais que se están a recibir na asociación tanto do sector lóxistico e almacén coma do sector comercio.

A formación en manexo seguro de carreta elevadora estase a converter nun dos requisitos imprescindibles para optar a un posto de traballo, segundo transmiten as empresas colaboradoras coa Asociación neste programa.