Sinatura da cesión de solo para SIONLLA BIOTECH

Luns, 25 de Outubro de 2021

Formalización da cesión do solo para o proxecto de SIONLLA BIOTECH



 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá a formalización da cesión da parcela para a construción e posta en funcionamento do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas cos representantes de Sionlla Biotech, José Fernández Alborés e Ramón Lois Lorenzo. No acto tamén estivo presente a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.

Sionlla Biotech, SL está formada por a Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L. (UNINOVA SL) , a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela e a Asociación Área Empresarial do Tambre, cunha participación respectiva do 14, 10 e 76% respectivamente, foi constituída para a realización do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas (Polo de Innovación en Biotecnoloxía-CSIEB), no marco da convocatoria da Xunta de Galicia de axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa de centros de fabricación avanzada), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao abeiro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=21026