Programa Integrado de Emprego da Asociación Área Empresarial do Tambre 2019-2020

Xoves, 26 de Decembro de 2019

Con cen participantes, menores de 30 anos e mulleres desempregadas, da comezo o Programa Integrado de Emprego da Asociación Área Empresarial do Tambre 2019-2020



A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inicia un novo Programa Integrado de Emprego, cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Servizo Público de Emprego Estatal.

 

Nesta edición, a asociación traballará con 100 participantes, 65 mozos e mozas menores de 30 anos e 35 mulleres desempregadas con diferentes niveis formativos. A través  do programa realizaranse as accións de orientación e intermediación laboral para a inserción dos participantes, que axudarán a potenciar a súa confianza, reforzar a súa motivación e enriquecer os seus contactos sociolaborais. Ademais, esta orientación laboral individualizada servirá para que os participantes coñezan novas técnicas de procura de emprego, realización de currículos ou a preparación de entrevistas de traballo.

O programa, que se desenvolverá ata o 14 de novembro de 2020, conta tamén cunha dimensión formativa, coa programación de accións sobre motivación, habilidades comunicativas, idiomas ou informática, destinadas a mellorar a empregabilidade dos participantes. Este ano inclúense tamén accións formativas certificadas.

 

cartel